Procesos estabilización persoal laboral fixo.
EXP: 2025/E001/000001
De acordo coa base núm. 8 das bases específicas do proceso selectivo para a cobertura, pola quenda libre, dentro do proceso extraordinario de estabilización do emprego público, de dúas (2) prazas de Auxiliar de Información Turística (equivalente ao subgrupo C2), elabórase unha listaxe de agarda coas persoas aspirantes que, superando algún dos exercicios da fase de oposición, non obtivesen praza, para a cobertura temporal de prazas por persoal laboral segundo o regulado na lexislación de aplicación.