BOLSA DE EMPREGO OU LISTAXE DE ESPERA PARA SUBSTITUCIÓNS DE PERSOAL PARA AS CONTRATACIÓNS TEMPORAIS
EXP: 2025/E002/000001
Debido ás necesidades actuais dos servizos que presta o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña na Torre de Hércules, no Centro de Interpretación e Atención ao Visitante da Torre de Hércules (CIAV) e nas Oficinas de Turismo da cidade situadas na Praza de María Pita, é preciso actualizar os datos de contacto e a dispoñibilidade dos integrantes da bolsa de emprego existente dende o 05.06.2012. Por tanto, e mediante este anuncio na sede electrónica do Consorcio, publícase a Resolución Nº 7/2025 e a Instrución 4/2017 relativa á bolsa de emprego ou listaxe de espera para substitucións de persoal para as contratacións temporais precisas para a prestación dos servizos correspondentes de información turística.
A Instrución 4/2017 sobre o procedemento de creación e xestión de listaxess de espera para o nomeamento de persoal interino do Concello da Coruña, á que fai mención a devandita Resolución, poderá consultarse a través do seguinte enlace: Instrución 4/17 sobre o procedemento de creación e xestión de listas de agarda para o nomeamento de persoal interino do concello da coruña