Sede electrónica Consorcio de Turismo y Congresos

01:49:30 Xoves 17 de xullo 2025

Información

BOLSA DE EMPREGO

14/05/2025

ACTUALIZACIÓN BOLSA DE EMPREGO OU LISTA DE ESPERA PARA SUBSTITUCIÓNS DE PERSOAL DO CONSORCIO

EXP: 2025/E002/000001

Tal e como indicaba a Resolución Nº 7/2025 da Presidencia do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña, unha vez finalizada a actualización dos datos da bolsa de emprego de 2012, publícase con esta nova Resolución a listaxe de substitucións para os posibles chamamentos que poidan xurdir para cubrir postos na Torre de Hércules, no Centro de Interpretación e Atención ao Visitante de Torre de Hércules e as Oficinas de Turismo da cidade situadas na Praza de María Pita. 

Recórdase, tal e como indica a Instrución 4/2017 que regula o procedemento de creación e xestión de listas de agarda para o nomeamento de persoal funcionario interino do Concello da Coruña, e pola que se rexerán os chamamentos desta lista actualizada, que as persoas aspirantes disporán dun prazo de 24 horas para aceptar expresamente o nomeamento, non computándose nese prazo os días inhábiles. 

Son causas xustificadas para rexeitar os chamamentos: 

a) Maternidade, paternidade acollemento ou adopción legal, durante o período de duración do correspondente permiso e/ou licenza ou o período equivalente no caso de desempregados/as que se atopen en situacións similares.

b) Incapacidade temporal ou enfermidade da persoa aspirante, debidamente acreditada mediante parte de baixa, ou certificado médico expedido pola Seguridade Social.

c) Incoación de dilixencias xudiciais en casos de ser vítima de violencia de xénero.

d) Coincidencia coa celebración de matrimonio ou unión de feito, debidamente acreditada mediante documento público, durante o período de duración do correspondente permiso.

e) Falecemento, accidente ou enfermidade grave de familiar ate o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, durante o período de duración do permiso ou licenza.

f) Coidado directo de menores de 0 a 3 anos ou familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, por razón de idade, enfermidade ou accidente, sempre que se acredite a situación de dependencia ou a necesidade de asistencia por outra persoa.

g) Estar a prestar servizos nunha Administración Pública ou empresa.

h) Outras causas análogas debidamente xustificadas, que poderán ser tomadas en consideración previo estudo pola Comisión a que se refire o artigo 8 desta Instrución.

 

A causa do rexeitamento nestes casos deberá ser acreditada aportándose pola persoa interesada a documentación xustificativa no prazo de 24 horas establecido. 

As persoas aspirantes terán a obriga de comunicar a finalización da causa de suspensión no prazo de 10 días hábiles seguintes a que esta se produza, quedando en situación de "baixa definitiva" na lista en caso contrario. 


Xustificantes de Publicación: