Sede electrónica Consorcio de Turismo y Congresos

06:21:25 Martes 1 de xullo 2025

Información

PROCESO SELECTIVO ESTABILIZACIÓN 2 PRAZAS DE AUXILIAR DE INFORMACIÓN TURÍSTICA

17/06/2025

PLANTILLA DEFINITIVA RESPOSTAS CORRECTAS E RELACIÓN DE PERSOAS QUE SUPERARON O PRIMEIRO EXERCICIO

EXP: 2025/E001/000001

O pasado 29 de maio publicouse na páxina web do Concello da Coruña a listaxe coas respostas correctas do primeiro exercicio da fase de oposición. Concedeuse un prazo de 5 días hábiles para a formulación de alegacións ao cuestionario tipo test. Presentáronse en tempo e prazo seis (6) solicitudes con alegacións a sete (7) das preguntas.

Tras as deliberacións do Tribunal e a estimación ou rexeitamento das alegacións, a listaxe definitiva das respostas correctas do cuestionario do primeiro exercicio pasa a ser a recollida na páxina seguinte. Anuláronse as preguntas 58, 60 e 64, pasando a formar parte do cuestionario as preguntas de reserva 1, 2 e 3. Tamén se anula a pregunta 10 de reserva. Neste caso non ten efectos a súa anulación porque a pregunta 10 de reserva non é necesaria na corrección do exercicio ao non esgotarse as precedentes.

Efectuada a corrección dos exercicios coa listaxe final das respostas correctas achégase como ANEXO I a listaxe das persoas que superaron o exercicio. Tamén se achega a este anuncio como ANEXO II o extracto da acta do Tribunal cos acordos sobre as alegacións.


Xustificantes de Publicación: