Sede electrónica Consorcio de Turismo y Congresos

02:05:36 Mércores 20 de agosto 2025

Información

ORZAMENTO 2025

28/07/2025

APROBACIÓN INICIAL ORZAMENTO 2025

EXP: 2025/T004/000001

Publicado o 18 de xullo no Boletín Oficial da Provincia:

A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña (en diante, o Consorcio) aprobou inicialmente o seu Orzamento Xeral para o exercicio económico 2025, na sesión realizada o día 10 de xullo de 2025.

O Orzamento Xeral estará dispoñible ao público no Taboleiro de anuncios da sede electrónica do Consorcio durante quince días hábiles (que contarán a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no BOP), para que se poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes e que deberán ir dirixidas ao Presidente do Consorcio.

Se durante o citado prazo non se presentan reclamacións, o Orzamento para o exercicio 2025, o cadro de persoal e as bases para a súa execución, entenderanse definitivamente aprobados, de acordo co disposto no artigo 20.1 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, e artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.


Xustificantes de Publicación: