Aprobación de presupuestos.
EXP: 2026/T004/000001
Publicado o 15 de abril do 2026 no Boletín Oficial da Provincia (BOP Nº69):
A Xunta de Goberno do Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña (en diante, o Consorcio) aprobou inicialmente o seu Orzamento Xeral para o exercicio económico 2026, na sesión realizada o día 8 de abril de 2026.
O Orzamento Xeral estará dispoñible ao público na sede electrónica do Consorcio (Sede electrónica Consorcio de Turismo e Congresos - Tablón de anuncios) polo prazo de quince días hábiles (que contarán a partir do seguinte á publicación do presente anuncio no BOP), para que se poidan formular as reclamacións que se consideren pertinentes e que deberán ir dirixidas ao Presidente do Consorcio.
Se durante o citado prazo non se presentan reclamacións, o Orzamento para o exercicio 2026, o Cadro de Persoal e as Bases para a súa execución, entenderanse definitivamente aprobados, de acordo co disposto no artigo 20.1 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril, e artigo 169.1 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.